
O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES NO BAIXO MIÑO, convoca a tódalas persoas que foron enganadas por la estafa das participacións preferentes a unha reunión que terá lugar no CENTRO CULTURAL de A Guarda, o venres día 24 de febreiro, ás 8 da tarde para ver que medidas de presión podemos tomar. Asistirá tamén ADICAE (Asociacións de usuarios de Bancos e Caixas), que nos informarán dos pasos a dar, da posibilidade de interpoñer unha demanda colectiva, etc, tratarán, ademais, de responder ás dúbidas que haxa por parte dos afectados, por iso, é importante asistir a esta xuntanza. Só os afectados poderán defender e reclamar o que é deles e para iso é necesario medidas de presión contra esta gran macroestafa da banca.
(Remitido)
Ningún comentario:
Publicar un comentario