UNHA PÁXINA WEB DESINFORMA SOBOR DAS PRAIAS DE A GUARDA
- O grupo chamado de goberno semella darlle igoal
Vista parcial da Praia de O Forte, tamén coñecida como Praia do Muiño, en Camposancos (A Guarda)
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Unha páxina web desinforma sobor das praias de A Guarda. Unha vez máis todo semella indicar que por parte dos representantes públicos con responsabilidades de goberno no Concello de A Guarda non fixeron o que corresponde neste tipo de casos. Sobor de todo cando, ainda que podamos pensar que as inexactitudes que se reflicten na páxina en cuestión, non son producto de "erros voluntarios", senón todo o contrario. Pero iso non debera ser obstáculo para que desde á Concellería de Turismo - léase adicación parcial coa correspondente retribución económica a cárrego dos contribuintes - se den os pasos para que se subsanen tódolos erros existentes na aludida páxina web, que non contribúen precisamente - alomenos así o consideramos en Infogauda - a facilitar unha información útil para os visitantes de A Guarda.
¿Cómo se pode aturar que a imaxe que figura debaixo do texto Playa Area Grande (sic) corresponda ás inmediacións de Laxe de Can e as antigas cetáreas alí existentes?
Algo semellante poderíamos decir sobor da Playa Carreiro (sic), e a devandita páxina web para "informar" os visitantes da mesma, inserta unha fotografía onde se pode apreciar unha vista aérea na que se aprecia do entorno da zoa coñecida como Muiño de Baixo.
Outra das "perlas" que figuran nesa páxina web é a denominación - Playa Codesal - (sic) que lle dan a un tramo das praias fluviais de Camposancos. Pero a desinformación chega o colmo cando para referirse a Playa Fedorento (sic) insertan unha fotografía - tomada de Google, o igoal que as demais - que non logramos atopar semellanza algunha coa realidade física da zoa.
Se continuamos ollando a referida páxina web ollamos que baixo a denominación de Playa O Muiño (sic) insertan unha fotografía da Praia Area Grande.
No referente as bandeiras azuis, a páxina web púxoas onde presuntamente lle petou o administrador desa páxina.
E non imos continuar subliñando máis detalles erróneos porque coidamos que xa chega abondo.
Para rematar unha pregunta a quen corresponda:
Ten previsto o grupo municipal maioritario, e con responsabilidades de goberno no Concello de A Guarda, adoitar algunha medida para tentar que se corrixan canto antes esas e outras informacións inexactas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario