25/01/2012

PONTEVEDRA

A PLATAFORMA GALICIA CON GARZÓN CONVOCA UN ACTO DE SOLIDARIEDADE CO XUÍZ ESTE MÉRCORES 25, EN PONTEVEDRA, NO TEATRO PRINCIPAL, ÁS 20:00 HORAS
A Plataforma Galicia con Garzón, formada por moi diversas entidades e personalidades, entre elas, Sindicatos, Fundacións contra do narcotráfico, Ateneos, Foros, Proxectos académicos, Comisións de recuperación da Memoria, entidades xurídicas, literarias, de intervención social e pacifistas (UGT, CC.OO, Fundación Luís Tilve, Fundación e Asociación Érguete, Ateneo de Santiago de Compostela, Ateneo de Pontevedra, Proxecto Home, Asociación Galega contra o Narcotráfico, Foro Galego da Inmigración, Proxecto Nomes e Voces, Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, Fundación 10 de Marzo, Xustiza e Sociedade, Pen Club de Galicia, Xeneme e o Seminario Galego de Educación para a Paz, xunto con diversas personalidades do mundo da cultura,
organiza un
ACTO CÍVICO en solidariedade con Baltasar Garzón e coas víctimas da dictadura e do franquismo,

Será este MÉRCORES, DÍA 25, ÁS 20:00 HORAS, no TEATRO PRINCIPAL de PONTEVEDRA.

No acto, presentado pola periodista, Tareixa Navaza, intervirán, ademáis dos representantes da Plataforma, diversas personalidades do mundo da cultura como Marilar Aleixandre, Aurora Marco ou Fernando Filgueira, xunto con persoas que viviron de cerca a Operación Nécora en Galicia, como o ex- comisario Enrique León, ou nais contra do narcotráfico como Carmen Avendaño.
Os medios xurídicos estarán representados polo fiscal José María Mena quen analizará o estado e situación das tres causas abertas contra do xuíz Baltasar Garzón no Tribunal Supremo.
Haberá tamén unha introducción e clausura musical.
Manuel Dios Diz
Presidente
Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org