28 de nov. de 2011

A GUARDA

Carta aberta ao Sr. Español, portavoz do Goberno Socialista nos plenos do Concello de A Guarda


Sr. Español:


O pasado día 25 do presente, asistín ao Pleno Ordinario celebrado no Concello de A Guarda, e cando se debateu a proposta do PP sobre o Mercadillo. Concretamente na súa intervención, por certo, moi pausada, é con algo de retranca, sobre todo cando di que está de acordo que molesta a un veciño afín ao PP (pudo dicir tamén: “e que está presente nesta sala”) pero que iso non é molestia para outros veciños, etc. etc. etc.
Créame Sr. Español que durante a súa intervención revolvéronseme a tripas só con pensar con que facilidade se aparta un problema veciñal e queda tan tranquilo.
Sr. Español, o problema existe e penso que a obriga dos que gobernan e buscarlle solucións, ao menos intentalo, e por parte do Goberno Socialista de A Guarda, nin se intenta.
Non estou escribindo esta carta en nome dos veciños que tamén sofren a súa deixades, aínda que non perdan o tempo en dirixirse a vostedes nin por escrito, nin indo persoalmente ao concello a falar con vostedes, (son máis intelixentes, ao menos non perden o tempo como o perdo eu) pero sí que lle escribo no meu nome e no da miña familia para expresarlle o seguinte:
Non é do meu agrado expoñer os meus problemas de saúde abertamente aos lectores desta carta aberta, pero como os escritos que mando ao Concello, nin se dignan a leelos, (nunca recibín notificación de ningún). É polo que desta vez vou facelo públicamente, a ver se vostede e todo o seu grupo me demostran teñan un chisco de algo que se chama moral ou dignidade.
Son unha persoa portadora de marcapasos, e con doenzas crónicas do corazón. Concretamente o 31 de decembro do ano 2008 necesitei a presenza dunha ambulancia que me trasladara ao hospital por mor dun Ictus que me paralizou a parte dereita do corpo. A rápida atención da ambulancia foi decisiva para que eu me recuperase. Un ano despois por mor dun infarto foi preciso outra vez a presenza da ambulancia. No mes de febreiro do 2010 outra vez a ambulancia tivo que vir a miña casa para socorrer a unha señora de 95 anos que vivía connosco, a cal xa finou, pero a ambulancia chegou a tempo e sen problema.
Como pode ver, en pouco tempo tiven que necesitar que unha ambulancia chegara a miña casa con prontitude. Afortunadamente en ningún dos casos foi en sábado pola mañá.

Asegúrame vostede que o vindeiro sábado non a necesite?

Imaxínase vostede o que se tardaría en desaloxar todos os coches que están invadindo a calle cando cargan ou descargan?

Saiba que os desfibriladores están nas ambulancias e son moi útiles canto se actúa con rapidez.
¡Ah! Sabía vostede que os coches do mercadillo son os que menos caso lle fan a esa circular iluminada que hai por o pobo referida a que os coches non poden estar montados nas beirarrúas? ¡Pase vostede por o mercadillo e verá!

Sabe vostede que todos os coches do Mercadillo baixan por a Rúa Tomiño (Dirección Prohibida) é se se encontran con un coche que sube en sentido correcto, o atasco xa está feito xa que os do mercadillo non dan pa tras por nada do mundo?

Imaxínase que por aí subira a ambulancia é toda a rúa atascada por permitir esa anarquía da xente do mercadillo?
Sabe vostede que os veciños que viven na Rúa Ourense teñen que subir por esa mesma rúa (Dirección prohibida), para entrar nos seu garaxes, xa que se o fan pola Rúa Tomiño, o percorrido natural, teñen que pasar polo Mercadillo?
Déixolle esas preguntas por se ten a ben, como mínimo leelas. Pensen que poden ser responsables de algo irreparable que poida pasar.
Podía darlle máis motivos que o fixeran reflexionar, pero sei que canto mais escreba menos posibilidades teño de que o lea, así que remato fagan vostedes o que lles pete. Iso sí, seguirei loitando, dentro das miñas posibilidades físicas, denunciando sempre con toda corrección todo aquilo que como veciño me prexudique.

A Guarda, 28 de novembro de 2011

Asinado: Anselmo Martínez Pena
D.N.I. (omitido voluntariamente pola Redacción de Infogauda)

Ningún comentario:

Publicar un comentario