8 de dec. de 2009

A GUARDA

AS NOSAS COUSAS




Infogauda / A Guarda
- Na Guarda, por non perder a costume, os políticos que califican, sen ningún tipo de rubor, a algúns dos seus opoñentes de "tardóns", e semellan non ter empacho de formigón nin de piche, teñen colocada á instalación do alumeado de Nadal sen acender. Non son poucos os veciños que se preguntan á que agardan para "inaugurar" o devandito alumeado.


- Falando de alumeado. Algúns seguidores deste xornal dixital, subliñan que na Rúa Circunvalación compre revisa-lo, porque, segundo refiren, hai un tramo que non funciona desde fai varios días.
- Que o Centro de Saúde de A Guarda está infradotado de medios materiais e mesmo humáns, non é ningunha novidade. Estábao antes da cohabitación, estíveo durante, e continúa estándoo hoxendía. Non nos estrana que en diversas ocasións, os usuarios amosen seu enfado. O malo é que os destinatarios das súas queixas non deberan ser os traballadores da sanidade, senón os políticos. Os locais, os provinciais e os do Goberno e Parlamento de Galicia. Por iso non falla quen subliñe que na Guarda somos moi conformistas. ¡Vai sendo hora de trocar esa impresión!
- As obras da mal chamada "rehabilitación da Alameda" de A Guarda están demostrando o que denunciamos desde antes de que os traballos escomenzaran. Máis de 100 millóns das antigas pesetas fundidos miserablemente. A falla de que rematen ás obras, o goberno municipal demostra súa obsesión por borrar todo o que teña algunha reminiscencia do pasado inmediato ou menos inmediato. Non lles importou recorrer a materiais que nada teñen que ver coa zoa. Tudo sexa en aras de lograr un verdadeiro pastiche. E pouco lles queda para conqueri-lo. Poden estar moi orgullosos da súa evidente falla de ideas.
- No seu afán desmedido, de "actuar" presuntamente, sen un criterio coherente, algún concelleiro do grupo de goberno estáse gañando a pulso a simpatía dos contribuíntes. Os "pegotes" de piche n´uns tramos das rúa de Galicia e Diego Antonio González, respectivamente, entre outras "perlas" repartidas por diversos lugares do termo municipal, estánlle dando méritos para acadar - segundo afirman varios veciños -, seu máis alto grau de popularidade.

- A carencia de un auditorio municipal, con aforo suficiente, e debidamente dotado, fai que en varias ocasións ó longo do ano, algúns eventos culturais teñan que celebrarse en espacios cubertos de titularidade privada. Desde Infogauda coidamos que tendo o concello de A Guarda, un espacio magnífico no solar que ocupa o antergo colexio público Manuel Rodríguez Sinde, o grupo de goberno municipal debera da-los pasos pertinentes para acadar, canto antes, a devandita infraestructura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario