A GUARDA RELEMBROU O POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO
Promovido pola asociación Info MAXE, onte venres día 27 de novembro, ás 20.00 h., no Salón dos Espellos, do Colexio PP. Somascos, de A Guarda, tivo lugar unha homenaxe póstuma o escritor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro (As Chavolas – Cenlle, 12-2- 1949 – A Guarda, 14-5-2008).
A homenaxe - que contou coa presenza de Rosa Berta Alfaro Diéguez e Daniel Gómez Alfaro, viúva e fillo do poeta, respectivamente -, escomenzou con unha proxección de imaxes retrospectivas, nas que pudo ollarse ó poeta en diversos intres dos derradeiros anos da súa vida: Presentación de poemarios da súa autoria, a carón de amigos como o académico, conferenciante, ensaísta e escritor Xesús Alonso Montero; o escritor e filólogo, Xosé Gregorio Ferreiro Fente; o historiador Joaquín Miguel Villa Alvarez; o cantautor e músico guardés Tino Baz Baz; as poetas Aida Lomba Márquez e Chuny Vázquez; o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas,...,

A proxección culminaría con uns versos do poeta X. C. Gómez Alfaro:
Se me arrancas mañá da Guarda alada,
leva esta bágoa á paz do meu Ribeiro
que hai tempo que me agarda ben tristeiro
aquel temón tolleito na outonada.
Co Salón dos Espellos ateigado de público, entre o que se atopaban membros de tódolos grupos representados na corporación municipal de A Guarda, abriu o turno de intervencións o P. Luis Airas, director do Colexio PP. Somascos, que ademáis de agradecer os organizadores desta homenaxe, deu a benvida o profesor X. Alonso Montero e o escritor e investigador X. G. Ferreiro Fente.
Na súa breve intervención, o P. Airas dixo tamén que por motivos de saúde, non poidera vir a este acto, Luís González Tosar, poeta e presidente do Centro P.E.N. / Galicia.
E deseguido cedeulle o uso da palabra o profesor Joaquín Miguel Villa Alvarez, que como él mesmo dixo, ademáis de haber sido alumno de Xosé Carlos Gómez Alfaro, foi compañeiro nas tarefas docentes e amigo do poeta.
Villa Alvarez, que escomenzou felicitando os orgaizadores deste acto de homenaxe, salientou que fora convidado “(...) pola comisión organizadora, para dicir unhas palabras en nome dos profesores do Colexio Pais Somascos, precisamente no salón de actos do centro escolar onde Xosé Carlos desenvolveu toda a súa vida profesional, impartindo o seu maxisterio nada menos que durante trinta anos, dende 1978 ata o 2008 (...)”.

Villa Alvarez engadiu: “(...) Que podemos dicir os seus compañeiros sobre Xosé Carlos sen que non se nos encolla o corazón? En primeiro lugar para nós non era só Xosé Carlos; eran sempre Rosa e Xosé Carlos. Xuntos chegaron á Guarda no ano 1978 e xuntos comezaron a traballar no colexio, e dende entonces recordámolos chegando e saíndo sempre xuntos. A verdade é que aínda nos parece incrible que Xosé Carlos non estea entre nós, que non vaia entrar na sala de profesores ou a virar a esquina dun corredor co seu inseparable maletín. Tanta era a súa cotiá presenza. Quedounos, a Deus grazas, a outra parte de Xosé Carlos: Rosa. Sobre levando a súa inmensa e profunda dor, témola coma sempre: silenciosa, discreta, educada, chea de paz e bondade, agarimosa, e incluso ás veces –moi pouquiñas– facendo gala dunha finísima, case imperceptible, ironía ourensá. Por todo iso e moito máis, Rosa Berta Alfaro Diéguez é, e será sempre, a nosa Rosa.
Pero hoxe debo falar de Xosé Carlos, e facelo, como diciamos antes, dende a perspectiva dos seus compañeiros de traballo. Certamente, a súa presenza diaria nas aulas, na sala de profesores, nos claustros, nos corredores, nos recreos, nas eucaristías, nos actos públicos, nas ceas, nas excursións, ... durante trinta anos, é algo moi difícil de resumir nunhas liñas. E dende logo imposible de esquecer. E por esas cousas que ten a vida, dáse a insólita circunstancia de que Xosé Carlos nos deixou no ano en que se conmemoraba o 50º aniversario da fundación do Colexio Pais Somascos da Guarda, un aniversario no que el estivo plenamente involucrado ao formar parte da comisión organizadora. Pois ben, neste especialísimo contexto agromaron tres creacións literarias –unha da súa propia autoría, outra obra dun amigo e a terceira dun alumno– que, en gran medida, nos retratan a Xosé Carlos como poeta, como ser humano e como mestre (...)”.
Villa Álvarez continou decindo: “A comezos do ano 2007 Xosé Carlos compuxo un soneto para o 50º aniversario, que está publicado –como era o seu desexo– ao comezo do libro da historia do colexio, un libro que el non chegou a coñecer, xa que saíu á luz en xullo de 2008, dous meses despois do seu pasamento. Este é o soneto do 50º aniversario, tal e coma el nolo deixou:
AOS PADRES SOMASCOS NO CINCUENTENARIO DA SÚA PRESENZA EN ESPAÑA E NA GUARDA (1957-2007)
Desde Somasca a luz liberadora
de Xerome Emiliani chegaría
ao mar maior da Guarda que seguía
ancorado na noite ditadora.
E aquel cáliz de amor fíxose aurora
de paz e de esperanza e de harmonía;
fermento de irmandade e de latría,
e báculo e gamela salvadora.
Eu loo no cincuenta aniversario
o luar dos seus apóstolos vibrante,
fachos do desamparo e da orfandade.
E canto, ouh!, o seu salmo igualitario
e as albas que semean no estudante,
servos dos pobres, sol da divindade.
A continuación Villa Álvarez relembrou que “o sábado 14 de xuño de 2008, a comunidade relixiosa do colexio ofreceu unha misa pola alma de Xosé Carlos. Na homilía o director, e seu amigo, P. Airas dedicoulle esta emotiva carta, publicada tamén no libro da historia do colexio:
Querido Xosé Carlos:
¡Miúda sorpresa nos deches! Nunca esqueceremos a noite do 14 de maio. Pero a vida, tan bonita ela, dános ás veces cambadelas tan tremendas coma esa que nunca comprenderemos de todo, quedando envoltas no misterio. Fúcheste tan de súpeto, que nin sequera tivemos tempo de saudarte e despedirnos de ti. Por iso hoxe estamos aquí reunidos para falar contigo, neste lugar de paz onde ti tantas veces estiveches tamén. Estamos todos: os teus íntimos, os teus compañeiros, os teus ex alumnos, os teus alumnos e coñecidos; e tamén o están, aínda que non materialmente, aqueles que se desculparon por non poder asistir persoalmente.
Xosé Carlos, a túa humanidade feita sorriso, a túa bondade, a túa serenidade natural e o teu san optimismo testemuñáronnos, con moita naturalidade e con moita sinxeleza, un raio da bondade de Deus, e dalgún xeito fíxonola saborear. Dese Deus ao que ti amaches e serviches durante trinta anos no Colexio, o teu Colexio, no medio dos rapaces aos cales ensinaches, baixo a mirada de San Xerome, a estudar para vivir logo con dignidade. Dese Deus a quen ofreciches tantas cousas expresadas nos teus marabillosos versos:
Ofrecinche, meu Deus, as labaradas
lúgubres, que habitaban a memoria
coma doentes ladras arrancadas
dun lánguido almanaque sen escoria
Acó tes, Deus silente, estas ruínas
miñas, vougos cascallos cancerosos...
Acó tes pechas noites viperinas,
acó te-las pegadas da derriba...
E tamén dese Deus ao que ti, con dor inmensa, interrogaches mergullado no misterio:
Meu Deus, ¿Que mal che fixen?
¿Por que me arrincaches de súpeto o fillo?
Dime se sente o lume que sentía
cando dicía, pai, nai,...
Que de veces che pedín que mo coidases...
Son as mesmas preguntas que nos facemos tamén nós.
Trinta anos, Xosé Carlos, nesta vila da Guarda; anos moi felices, uns, outros, como ti mesmo me dicías, recordando a Machado, pensando sempre nel, «... cuxo recordo acompáñame sempre». Desta vila, á que considerabas como túa:
Desde este macho mar da Guarda miña
quero achegarme a ti coma un romeiro
que leva na gamela lastimeiro
atestadas as redes de noitiña.
Desde este altivo lar que me aloumiña
hei de partir mañá cal fiel trobeiro
con acios de cantigas e remeiro
na procura desa única menciña.
Se me arrancas mañá da Guarda amada,
párteme en dúas bágoas ó primeiro,
se me arrancas mañá da Guarda alada,
leva esa bágoa á paz do meu Ribeiro.
E agora fúcheste dende a túa Guarda amada á paz do teu Ribeiro; e deixáchesnos na dor da separación repentina, unha dor sostida pola forza consoladora da fe, que en ti, a pesar dos pesares, nunca se quebrou, como me contabas nas nosas conversas. Unha dor que, aínda que nos entristece, refórzanos tamén na certeza do encontro na comuñón dos santos.
Agora estás en compañía de Xesús, de María, de San Xerome e de Carlos, e de toda a corte celeste. Aí xa non hai dor. Pídoche que suavices a dor dos teus seres máis queridos e de todos os que te botamos tanto de menos. A nós, que compartimos contigo anos, axúdanos a imitarte na alegría, no traballo, na serenidade e na fe.
Por último, quero agradecerche, en nome dos Pais Somascos, o amor sincero que sempre te uniu á nosa Congregación. O teu último soneto para o 50º Aniversario gardarémolo coma unha reliquia.
Eu, miúdo atrevemento o meu, quixen compoñerche un; claro que, ao lado dos teus, os meus versos son, como reza o salmo, «como palla que arrebata o vento». Escoita:
Ágora de cultura e simpatía,
Xosé Carlos, poeta, meu amigo,
que ti ías deixar tanto vacío,
ninguén ata entón, sospeitar podería.
Nesa noite tan chuviosa e fría,
a nosa dor corría como un río;
mais aínda polo teu corpo irto e frío
fluíu o teu verso, eterna sinfonía.
Quédannos, Xosé Carlos, os teus poemas
de carga celestial e con soleira
ateigados de paz e de tenrura.
Agora estás con el; xa nada temas
compartindo a eterna primavera,
feliz papá coa súa tenra criatura.
Un abrazo forte e... nos vemos”.
Villa Álvarez remataría súa disertación relembrando que “(...) un ano despois do 50º aniversario, en xuño de 2009, o Departamento de Lingua e Literatura Galega do Colexio organizou un certame literario escolar, con carácter extraordinario, en honor á figura do mestre e poeta Xosé Carlos. Entre as composicións gañadoras, eliximos para este acto o poema que compuxo o alumno de 4º da ESO Manuel Ameal Baldonedo, con cuxa lectura dou por rematada a miña intervención”
Seguiches unha loita,
Que outros xa comezaran.
Loitaches polo que máis querías,
Loitaches polo que máis amabas.
A túa paixón era escribir,
E así ti o demostraches.
Defendiches a túa lingua,
Como se da túa vida se tratase.
Famoso galeguista e célebre escritor,
así é como se te menciona.
Pero fáltanos un gran detalle:
Eras unha gran persoa.
Xosé Carlos Gómez Alfaro,
Ese é o nome que levabas,
Queriámoste como profesor,
Aínda cando te enfadabas.
Non se te poderá esquecer
Nin nunha milleira de anos.
Xa non poderás corrixir
Estes versos aquí plasmados.
Logo das verbas de Joaquín Miguel Villa, que foron rubricadas cos aplausos de tódolos presentes, o P. Airas, cedeulle o turno da palabra, o filólogo sociolingüista e investigador literario Xosé Gregorio Ferreiro Fente.
Na súa intervención Ferreiro Fente botou mán da lembranza do seu primeiro encontro co poeta Gómez Alfaro. Foi un bó día, en que sendo alcaldesa Purificación Álvarez Álvarez, e estando Ferreiro Fente desenvolvendo súa labor profisional na vila guardesa - no Servizo de Normalización Lingüística no Concello de A Guarda -, coñeceu a Xosé Carlos Gómez Alfaro, que traía nas súas máns seu primeiro poemario en galego “As labaradas da lembranza”, co fín de que fose levado ó prelo da Mancomunidade do Baixo Miño, no que desenvolvía súa labor docente como técnico de Artes Gráficas, o entrañable guardés Antonio Martínez Vicente.
Nese encontro, a primeira impresión de Xosé Gregorio – que non coñecía nin o autor nin a súa obra -, foi esta: “Ún que quer ser poeta”.
O certo é que nada máis irse Xosé Carlos Gómez Alfaro, Xosé Gregorio escomenzou a ler o primeiro poema do devandito libro, que precisamente leva por título “As labaradas da lembranza”, e pudo decatarse que súa impresión apriorística non era aplicable neste caso. A partires dese intre, Ferreiro Fente decatouse que Xosé Carlos Gómez Alfaro foi non soio un grande poeta galego, senón un dos mellores sonetistas, por non decir o mellor de Galicia.
Xosé Gregorio Ferreiro Fente, que posteriormente o devandito encontro con Gómez Alfaro, tivo oportunidade de compartir co poeta diversas iniciativas e actos culturais, salientou que Xosé Carlos Gómez Alfaro foi non soio un gran poeta, senón unha persoa afable, perfeccionista, que viveu a poesía intensamente.
Ferreiro Fente, dixo tamén que para o libro de homenaxe a Lorenzo Varela, pediulle un poema a Xosé Carlos Gómez Alfaro. Logo de que o poeta llo remesara por correo electrónico, leuno, e sen dubida-lo decidiu publicalo a xeito de limiar dese libro, que leva por título Homenaxe. Sesenta e seis escritores falan de Lorenzo Varela (florilexio de textos sobre a vida, a obra e o home)
Xosé Gregorio Ferreiro Fente, que xa participara nos actos de homenaxe a X. C. Gómez Alfaro que tiveron lugar o pasado 19 de setembro en Cenlle e Ribadavia, dixo tamén sentirse moi gratificado por estar na Guarda e atoparse novamente con tantas persoas coñecidas da súa época en que traballou no Concello de A Guarda.
Rematadas súa intervención, o público agradeceulle súas verbas con uns merecidos aplausos.
A continuación, o P. Airas daríalle paso o venerable académico Xesús Alonso Montero, grande amigo do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro e da súa familia.
Alonso Montero, con ascendencia en Ventosela (Ribadavia), escomenzaría súa disertación evocando á nenez de Xosé Carlos Gómez Alfaro, que naceu nunha casa a carón da do ensaísta e profesor Alberto Vilanova Rodríguez - que estivo exiliado na Arxentina -, autor da biografía de Curros Enríquez. e da obra “Los gallegos en la Argentina”, publicada en 1996 polo Centro Galego de Buenos Aires.
Alonso Montero dixo que Gómez Alfaro foi un lletraferit, un “letraferido”, un apaixoado polas letras impresas. Por razóns de veciñanza e de amizade coas fillas de Alberto Vilanova, o entón neno Xosé Carlos Gómez Alfaro, tomaría contacto cos libros do señor Vilanova, e quedaría impresionado polos seus títulos e autores. Ese feito influiría decisivamente na traxectoria humana e literaria de X. C. Gómez Alfaro.
Alonso Montero, afirmou que Gómez Alfaro foi un escritor que - ademáis de facer prosa -, tocou diversas cordas poéticas e fíxoo con unha exquisitez insuperable. Mália a complexidade de resumir en 14 versos endecasílabos, o que o poeta desexa transmitir, os sonetos Gómez Alfaro, teñen unha arquitectura perfecta, redonda.
O académico salientou tamén a riqueza lingüística do galego que empregou o poeta matriótico Gómez Alfaro nos seus poemas, afirmando que rescatou verbas características do Ribeiro e que ninguén coma Xosé Carlos cantou ás terras e as viñas ribeirás. Dixo igoalmente, que o mar da Guarda está presente na súa obra, e que por iso convidaba á institución municipal a xuntar tódolos poemas que Gómez Alfaro adicou á Guarda é o Baixo Miño, e faer unha edición non venal e 800 ou 1.000 exemplares, e distribui-los de balde, entre os alumnos dos centros educativos de A Guarda, na vindeira edición do Día das Letras Galegas.
O académico vaticinou que os poemas de Gómez Alfaro figurarán nos libros de texto que estudarán os rapaces galegos.
Alonso Montero tamén confesou que ás veces “intento escreber poemas – o que non que decir que faga poesía. Facer poesía, é outra cousa -, e ún decátase da dificultade que esa labor conleva". En troques, dixo que Gómez Alfaro tiña esa cualidade de faer poesía - moi boa por certo -, unha poesía intimista, que lle levou mesmo a rebelarse contra ese ser supremo, que segundo dín – eu non podo decilo porque non son crente -, está tan arriba, que os crentes non lles resulta accesible. Gómez Alfaro fixo poesía de tipo relixioso, o que non quer decir, que súa poesía sexa eclesiástica.
O académico comentou tamén seu vencello amical co poeta e a familia Gómez - Alfaro, e os días en que ía a compartir con eles, un bó cocido galego, na casa de Sadurnín.

Por esas e outras razóns, o coñecemento que Alonso Montero tén da vida e da obra de Xosé Carlos Gómez Alfaro, fán que sexa a persoalidade da Cultura Galega, que con maior autoridade pode falar do poeta e do seu legado literario.
Tamén salientou o magnífico estudo preliminar da autoría do poeta e profesor Román Raña, pubricado a xeito de limiar na obra en dous volumes Poesía galega toda (I e II), editado polo Centro P.E.N. / Galicia, e na que se recolle toda a obra poética en galego, de Gómez Alfaro.
Rememorando o poema que X. C. Gómez Alfaro adicou a Lorenzo Varela, a petición de Xosé Gregorio Ferreiro Fente, así como doutros poemas feitos por iniciativa do própio poeta; Alonso Montero dixo que Gómez Alfaro tén sido o poeta do s. XXI que máis poemas viu pubricados nos boletíns da Real Academia Galega.

ALONSO MONTERO PREGOU QUE A INSTITUCIÓN MUNICIPAL HONRE A XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO CO TÍTULO DE FILLO PREDILECTO DE A GUARDA
No decurso da súa brillante intervención, o egrexo académico e membro do Consello da Cultura Galega, non dubidou en salientar en dúas ocasións, que polo seu vencello co pobo de A Guarda, ó longo de tres décadas e pola súa traxectoria humana e poética; Xosé Carlos Gómez Alfaro é merecente de que se lle decrare a título póstumo Fillo Predilecto de A Guarda.
A traverso de varias pinceladas bio-bibliográficas, Alonso Montero tamén se referiu ó compromiso de Xosé Carlos Gómez Alfaro cos máis desfavorecidos, cos nenos que morren en todo mundo por causas das guerras, da fame e da miseria, e mesmo pola falla de medios sanitarios.
O académico dixo que nunha ocaasión Gómez Alfaro comentou que namentras él facía un soneto morrían non mundo máis de 17.000 nenos por non dispor das vacinas e medicamentos necesarios para prever ou curar, enfermidades que xa están superadas no chamado Primeiro Mundo. Polo tanto, Gómez Alfaro non foi só un poeta que cantou o amor, que cantou o Ribeiro, que cantou o mar da Guarda, ..., foi tamén un poeta social.
E corroborando o que anteriormente había dito Xosé Gregorio Ferreiro Fente, o profesor Xesús Alonso Montero, afirmou que Xosé Carlos Gómez Alfaro foi o mellor sonetista que deu Galicia. Houbo outros escritores que tamén fixeron sonetos, e citou o caso de Alvaro Cunqueiro, que fixo ún – en castelán – e adicoullo a José Antonio Primo de Rivera, afirmación que foi acollida polo respetable público con evidentes sorrisos. Pero ninguén acadou a perfección de Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Rematada á intervención de Xesús Alonso Montero, o público agradeceulle súas atinadas verbas con uns sonoros aplausos e a continuación, o P. Airas expresoulles tanto a Alonso Montero como a Ferreiro Fente, seu agradecimento persoal por asistiren a este acto.
Deseguido as poetisas Chuny Vázquez e Aida Lomba, recitaron cada unha delas, dous poemas – inspirados todos eles na Guarda e nas súas señas de identidade - da autoría de X. C. Gómez Alfaro.
O broche do acto correspondeulle a Tino Baz, que coa súa guitarra puxo acordes musicais, sentimento e voz, a úns poemas de Xosé Carlos Gómez Alfaro, para rematar súa actuación na compaña da súa irmá Carmen, que interpretaron Cinsa Namorada, (Letra: Marica Campo - Música: Tino Baz), e o público coreou o estribillo.
A actuación destes dous xóvenes guardeses deulle un fermoso e emotivo realce, o acto de homenaxe a un poeta – Xosé Carlos Gómez Alfaro – vencellado xá para sempre, ó pobo da Guarda.
Por último, Celso Rodríguez Fariñas fíxolle entrega de un ramo de flores a Rosa Berta Alfaro Diéguez, que o recibiu visiblemente emocionada, entre os aplausos de tódalas persoas que asistiron a ese evento na lembranza do seu querido esposo Xosé Carlos Gómez Alfaro.

AGORA TÓCALLE O TURNO A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE A GUARDA
Rematamos esta información exhortando a tódolos membros da Corporación Municipal de A Guarda, a que dunha vez por todas, e sen ningún tipo de inxustificada demora, teñan a bondade de facer unha proposta conxunta para leva-la a unha vindeira sesión plenaria municipal extraordinaria, e dese xeito, de acordo co Regulamento de Honras e Distincións, da-los pasos que proceda, a fin de decrarar a título póstumo, ó escritor, poeta e profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Predilecto de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario